Unha gandería de Barreiros repite no podio das mellores de Galicia

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

XAIME RAMALLAL

A Federación Frisoa Galega sitúa a Mantoño en segundo lugar

01 mares 2023 . Actualizado ás 22:21 h.

A Federación Frisoa Galega (Fefriga) fixo público este venres a listaxe das mellores gandeiras de Galicia, e un ano máis, e xa suma 17 consecutivos, a gandería Mantoño de Barreiros figura no podio das mellores, en concreto, na segunda posición.

Mantoño xa foi condecorada hai poucos meses pola asociación Española de Ganderías tamén entre as tres mellores de España coa mellor porcentaxe de vacas excelentes de todo o territorio español.

«Vacas cunha alimentación só a base de forraxes de alta calidade e materias primas nobres (soia, cebada, millo etcétera ) e vacas moi sas é a clave para chegar a estas cifras, ademais dunha gran xenética en todos os animais», explican desde Mantoño. Na actualidade, a produción íntegra da gandería destínase á transformación de queixos en Entrepinares, a queixaría máis grande do España.