Chega a Barreiros o programa Paraugas Alzheimer Rural

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

25 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN) de Burela achegará a Barreiros o Programa Rede Paraugas Alzheimer Rural, dirixido a familiares coidadores de persoas que sofren algún tipo de demencia no rural galego, e promovido pola Fundación Barrié e a Federación de Alzheimer de Galicia, en colaboración co Concello de Barreiros. A primeira sesión, que será unha xornada informativa, celebrarase o día 26 na aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme), en horario de 16.30 a 19.30 horas. Despois, organizarase unha sesión mensual. A asistencia é gratis, previa inscrición, no teléfono 982 124 002.