Reabren ao baño a praia de Arealonga, en Barreiros, tras as últimas analíticas

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

cedida

A alcaldesa asegura que o problema se solucionou cando a depuradora de Reinante recuperou o seu caudal

14 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A praia de Arealonga recupera a zona de baño tras os resultados correctos das últimas analíticas. Así o confirmou onte a rexedora de Barreiros, Ana Ermida, tras notificarlle o Sergas os resultados: «A problemática dá contaminación dá auga solucionouse unha vez que a depuradora de Reinante recupera ou seu caudal e segue funcionando con normalidade ao chegarlle unha cantidade de residuos para a que ten capacidade».