Investigado un mindoniense por suposta agresión a un surfeiro en Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

Trátase dun home de 57 anos de idade

12 sep 2019 . Actualizado ás 20:51 h.

A Garda Civil imputou en calidade de investigado, ás 09.00 horas do pasado día 9 a un veciño de Mondoñedo de 57 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións.

Os feitos supostamente suceden o día 24 do pasado mes de agosto na praia de Longarela-Barreiros, cando o investigado supostamente agride a un terceiro que se atopaba practicando surf, provocándolle unha ferida que requiriu sete puntos de sutura en pómulo esquerdo.

A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Mondoñedo.