Fútbol sala feminino o sábado no I Torneo Praias de Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

CEDIDA

11 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O I Torneo Praias de Barreiros servirá para presentar ao equipo feminino do Praia de Barreiros. Na primeira edición deste novo torneo están invitados o Concello de Begonte, o Lieders Futsal e o ADC Burela Pescados Rubén, que competirán na 1ª Galicia Senior Feminina de Lugo nesta tempada.

O evento comezará coa presentación das xogadoras ás 15.30 horas do sábado 14. Os partidos que se xogarán despois enfrontarán ao Praia de Barreiros co Burela e ao Begonte co Lieders Futsal. Os dous equipos vencedores mediranse ás oito da tarde, hora prevista para a final.