«Sor Citröen» cóase no Retroclásicos de Barreiros

E. G. BARREIROS/LA VOZ

BARREIROS

CEDIDA POR PEDRO VILLAR

O humor non faltou na terceira concentración de vehículos clásicos, sendo o máis antigo de 1935

25 ago 2019 . Actualizado ás 17:25 h.

Neste caso a antigüidade é un «plus», como tamén o é para as festas barreirenses de San Bartolo que coincidan coa celebración da III Concentración Retroclásicos de Barreiros, organizada polos aldeáns Pedro Villar, Diego Vizoso e Sonia López. Participaron un total de 85 vehículos dos cales 70 eran coches e 15 motos, procedentes de distintos puntos da Mariña e resto da provincia de Lugo, doutros recunchos galegos, pero tamén de Valladolid  ou Oviedo. A media de anos era de 40, aínda que houbo un participante que levou o premio ao vehículo máis antigo, de 1935. Tampouco faltou o humor á cita pois como outros anos un grupo de veraneantes aprovéitana para disfrazarse e pór a guinda. Nesta ocasión, unha monxa a bordo dun clásico Citröen emulando a famosa película de Gracita Morales e Rafaela Aparicio. Outros coches que chamaron a atención, de factura americana, foron un Chrysler e un Ford Mustang Cabrio.