Luns de bandeira vermella polo mal tempo na maioría de areais mariñáns

A. v. M. / s.ou. VIVEIRO / LA VOZ

BARREIROS

PEPA LOSADA

As adversas condicións do mar levaron a prohibir o baño

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A condicións do mar imposibilitaron o baño e as actividades acuáticas na maioría de praias da Mariña. Entre outros, areais como Esteiro, en Xove; A Marosa, en Burela; ou A Rapadoira, en Foz, izaron as súas bandeiras vermellas polo perigo que supuña penetrarse na auga. A focense cambiou a bandeira amarela pola tarde, pero durante a mañá as correntes tiñan tanta forza que o servizo de socorrismo decidiu pechar a praia ao baño. Algo similar sucedeu en Barreiros, que mantivo a bandeira vermella na maioría dos seus areais durante toda a xornada. Na burelense da Marosa xa levaban tres días co pano vermello ondeando ante os riscos que entraña darse un mergullo. Aí foi onde morreu este luns un sexagenario, do que se informa na páxina 8, sección Galicia, deste diario.

Desmaio en Barreiros

Por outra banda, en Barreiros os socorristas tiveron que atender a unha persoa que sufriu un vahído. A indisposición non revestiu importancia, pois non foi necesaria a presenza dos servizos hospitalarios.