A Xunta deu axudas para contratar a 49 socorristas para piscinas e só 51 para as praias

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

PEPA LOSADA

Defende a súa decisión fronte ás críticas polos recortes nas subvencións a concellos da Mariña

17 jul 2019 . Actualizado ás 20:50 h.

Barreiros é, con Ribadeo, o concello da costa de Lugo onde hai máis socorristas. Son 14, máis una técnico sanitaria, pero resultan insuficientes para atender os oito quilómetros de costa e moitos areais carecen de vixilancia.

Este ano, a Xunta só subvencionou a contratación de oito socorristas en Barreiros (o máximo que estipulou por Concello), fronte aos 20 do ano pasado. A nova alcaldesa, Ana Ermida (BNG), contratou con fondos propios a seis máis. E coas polémicas dos últimos días (o domingo houbo varios rescates, en praias tamén sen vixilancia), a rexedora reprocha á Xunta o recorte nas axudas.

Onte, a delegación territorial da Xunta replicou lembrando que a vixilancia de praias é competencia municipal e que este verán a Xunta financiou 100 contratos na provincia, cifra similar a 2018. O que ocorre é que este ano se «fixo un esforzo especial para axudar a cubrir ou servizo que prestan nas piscinas vos concellos do interior». En concreto, subvencionouse 49 contratos de socorristas.