Africor premia ás mellores ganderías da provincia lucense

María Cuadrado Fernández
M. CADRADO VIVEIRO / LA VOZ

BARREIROS

CARLOS CASTRO

Dúas granxas da Pastoriza e unha de Barreiros levaron os galardóns

21 jun 2019 . Actualizado ás 10:31 h.

Cuestións económicas e de relevancia social analizáronse e debateron este xoves no transcurso da asemblea xeral ordinaria celebrada por Africor en Lugo. Concluído o encontro, tivo lugar a entrega de premios ás mellores ganderías da provincia. Por produción media por vaca resultou premiada a SAT Os Foros, da Pastoriza, con 14.740 quilogramos de leite. Por cualificación morfológica, a galardoada foi a gandería Mantoño, do concello de Barreiros, cunha media de puntos de 88,5 e, por índices xenéticos, resultou distinguida a SAT Teixeiro, da Pastoriza, cunha media ICO de 2.780, segundo os datos de Africor. Ademais, tamén foron recoñecidas outras trece ganderías entre as cen mellores tras a valoración de diferentes caracteres: Maseda (do municipio de Pol); Tío Andres, de Sarria; Rego, de Láncara; Vilar de Susao, de Sarria; Baixo Holstein, de Sarria; Carreira, do Inicio; Vega , de Castro de Rei; Casanova, de Baleira; Lodos e Pérez, da Pastoriza; Gueylo H, de Barreiros; Chusco, de Ribadeo; Tendeiro, do Páramo e Varela, de Castroverde.