Entre choros e aplausos, a nacionalista Ana Ermida foi elixida alcaldesa de Barreiros

María Cuadrado Fernández
M. CADRADO BARREIROS/LA VOZ

BARREIROS

Xaime Ramallal

O acordo BNG-PSOE desaloxou ao PP da alcaldía barreirense

15 jun 2019 . Actualizado ás 14:06 h.

O pleno de investidura da nacionalista Ana Ermida como nova alcaldesa de Barreiros foi toda unha festa. Tras días de negociacións, que acabaron nun acordo de goberno de coalición BNG-PSOE, Ermida prometeu hoxe o seu cargo e tomou posesión como rexedora nun salón de plenos abarrotado de veciños e de familiares. Todos eles portaban caraveis vermellos mentres de fondo soaba a música de Grándola Vila Morena.

Foi unha sesión plenaria moi emotiva, cun recordo especial para todos os concelleiros de esquerdas que traballaron durante as últimas catro décadas para lograr un goberno progresista. A nova alcaldesa, de 35 anos de idade, comprometeuse a traballar xa desde o minuto uno. O seu primeiro obxectivo, e máis urxente, será organizar o servizo de socorrismo nas praias.

O goberno barreirense, composto por seis persoas (cinco edís do BNG e un do PSOE), "traballarán co único obxectivo de mellorar Barreiros", avanzou a nova rexedora, que asegurou "non é tempo de reproches". Pola súa banda, o xa exalcalde popular Alfonso Fuente brindou a súa colaboración ao novo goberno.

O abrazo entre Ana Ermida e Maricarmen Veiga, concelleira do PSOE que ostentará a delegación municipal de Servizos Sociais, arrincou os aplausos do público, que foi recibido na Casa do Concello cunha pancarta na que se podía ler "Ou pobo manda e ou pobo ordena".