levan os electrodomésticos dun piso nunha urbanización de Barreiros

La Voz

BARREIROS

PEPA LOSADA

Foron valorados en 800 euros

07 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

É a enésima vez que sucede. Os propietarios dun piso situado nunha urbanización de Barreiros denunciaron o roubo de electrodomésticos, que foron valorados en total en 800 euros.

Aínda que a denuncia se presentou onte, o roubo puido producirse entre setembro do pasado ano e maio deste 2019. Ao tratarse dunha segunda vivenda, os propietarios do inmoble non tiveran noticia algunha ata que viaxaron a Barreiros e comprobaron o estado do piso da súa propiedade. É algo que se repite en pisos de urbanizacións deste municipio, sobre todo na zona litoral, máis apartada.