Os pensionistas mantéñense firmes coa revindicación que a todos incumbe

La Voz RIBADEO / LA VOZ

BARREIROS

O venres houbo unha concentración en Barreiros e este sábado, comarcal, en Ribadeo

12 may 2019 . Actualizado ás 13:18 h.

Sen présa pero sen pausa, coa mellor letra posible, colectivos de xubilados de distintas localidades da Mariña levan meses escribindo capítulos da que podería ser a mobilización máis constante e prolongada no tempo da comarca. Á marxe de siglas políticas, os maiores non se cansan e cada semana concéntranse reclamando mellores pensións e que se garanta por Lei a súa revalorización. Este venres mobilizáronse en Barreiros e o sábado, en Ribadeo, nunha protesta á que asistiron veciños de varios municipios mariñáns.