Propietarios de Barreiros atopan os seus pisos desvalixados

La Voz BARREIROS

BARREIROS

Descobren que foron vítimas de furtos ao acudir en Semana Santa a pasar as súas vacacións

17 abr 2019 . Actualizado ás 17:03 h.

A Garda Civil, nun labor eficaz como a que están a desenvolver na comarca, aínda co condicionante da escaseza de medios, investiga o roubo de televisores e outros aveños nun piso dunha urbanización de Barreiros situada na zona de costa.

Neste caso os autores do roubo levaron televisores e algún outro obxecto dunha vivenda da urbanización Océano de Barreiros, onde xa se perpetraron máis roubos similares. Trátase de segundas vivendas utilizadas sobre todo en tempada de verán ou vacacional e cuxos propietarios se atopan á chegada cos pisos baleiros e é cando tramitan a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Un episodio desagradable cando pretendían pasar uns días de lecer e descanso a pé de praia.

Detida unha banda

Precisamente a Garda Civil detivo recentemente a unha banda organizada na Mariña, que roubara en polo menos 25 pisos e casas da comarca e do Occidente de Asturias (algunhas vivendas tamén de Barreiros); os seus tres integrantes eran veciños de Ribadeo, Foz e O Valadouro, e usaban tácticas militares.