A correr 10 quilómetros polas praias de Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

PEPA LOSADA

Será este domingo, coa Carreira Popular dás Praias

15 abr 2019 . Actualizado ás 21:22 h.

Este domingo disputarase a sétima edición da Carreira Popular dás Praias de Barreiros, que organiza a asociación Praias e Comado coa colaboración do Concello e Protección Civil. A zona de carreira estará situada en Punta Anguieira-San Bartolo, diante do Hotel Ría do Masma. As probas infantís comezarán ás 11.00 horas e a saída da absoluta darase ás 12.15 horas, aproveitando a baixamar, con saída en Arealonga e meta en Altar, cun percorrido total de dez quilómetros. Desde a organización apuntan que o traxecto discorre nun 80 % pola area mollada. Ao concluír a proba, tras a entrega de premios, haberá petiscos para participantes e acompañantes. O prazo de inscrición péchase o venres ás 12.00 horas. Máis información na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ou chamando ao teléfono 649 57 13 60.