Detido en Barreiros ao ser sorprendido in fraganti cando intentaba roubar nun despezamento

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

PEPA LOSADA

18 novs 2018 . Actualizado ás 17:12 h.

Axentes da Garda Civil detiveron en Barreiros a un home como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas en grao de tentativa. Segundo información facilitada por distintas fontes, o detido foi soprendido in fraganti cando intentaba roubar nun despezamento que está situado na parroquia de San Cosme, e que está especializado na venda de pezas, vehículos de ocasión e rodas usadas, entre outros elementos relacionados co automóbil. Ao parecer, foron os propietarios quen alertaron ás forzas de seguridade da presenza dun individuo con intención de levar material do negocio.