Denuncian o furto de diñeiro en efectivo e produtos nun bar tapería de Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

BARREIROS

XAIME RAMALLAL

13 novs 2018 . Actualizado ás 20:58 h.

O propietario dun bar tapería de Barreiros presentou denuncia ante a Garda Civil por un delito de furto de diñeiro en efectivo no seu establecemento.

Ao parecer, tamén consta no informe policial que o autor ou autores do feito tamén se puideron levar diversos produtos do establecemento. A Garda Civil investiga os feitos denunciados para aclarar a situación.

Dáse a circunstancia de que no mes de setembro último tamén se denunciou un furto no establecemento barreirense; entraran e levaron entón uns 250 euros da caixa rexistradora e da recreativa.