Un mozo de 17 anos chama ao Valadouro e Alfoz a mobilizarse para lograr ciclos de FP

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

ALFOZ

CEDIDA

Tras reunirse cos alcaldes dos dous municipios e despois de recoller unhas mil asinas, convoca unha concentración o día 2

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aos seus 17 anos, Pedro López continúa coa iniciativa que comezou a finais do curso pasado co obxectivo de contribuír a mellorar a oferta educativa dos municipios de Alfoz e O Valadouro. Despois de recoller unhas mil asinas que presentará ante a Xunta, chama aos veciños, políticos e pais a participar na concentración programada para o próximo 2 de setembro, ás 20.30 horas, ante o instituto de Alfoz-O Valadouro. Tras reunirse cos alcaldes e concelleiras de Educación dos dous municipios, «a conclusión é apostar por ciclos de FP, básicos, medios e mesmo superiores, para que a xente non se teña que ir de aquí». Expoñen formación relacionada co deseño, os parques eólicos, as parafarmacias ou a educación, «ciclos que non hai na comarca». Tamén se reuniu con veciño. «Agora a unión é moi importante. Queremos demostrar que agora si é posible conseguir o que xa se intentou fai vinte anos», explicaba este sábado Pedro López.