Un sábado espléndido acompañou a viaxe de Alfoz aos tempos de Pardo de Cela

Lucía Rey
LUCÍA REY ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

PEPA LOSADA

Exhibicións de cetrería, obradoiros, teatro e unha cea medieval precederon a un gran espectáculo de lume

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un sol radiante e unhas temperaturas acompañaron este sábado a «viaxe» que un verán máis emprendeu Alfoz á época do Mariscal Pardo de Cela. O Castelo de Castrodouro volveu converterse en «un escenario magnífico» no que é «moi doado» recrear a Idade Media con teatro, paseos a cabalos, obradoiros de cestería e de xoguetes de madeira, ou as sempre espectaculares exhibicións de cetrería, como destacou a concelleira de Turismo, Arancha Icera, que recoñeceu e encomiou o esforzo de toda a xente, tanto de Alfoz como de municipios veciños como O Valadouro, que botou o resto para que o Mercado Medieval seguise vivo unha vez de que os organizadores habituais non puideron facerse cargo del. Pola noite, cea medieval precedeu ao gran espectáculo de lume e á queimada que despediron a cita.