Alfoz premia postais de Nadal de nenos

La Voz

ALFOZ

A entrega será este venres 21 no Centro Sociocultural

18 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A postal que se utilizará este ano no calendario do Concello de Alfoz será a de Lidia Expósito Goás, tal e como decidiu o xurado do XVI Concurso de Postais de Nadal, organizado pola Biblioteca Pública Municipal alfocesa. Na categoría ata 7 anos gañaron Mateo Pardiñas e Alicia Expósito e na de 8 a 12 anos, Lidia Expósito e Inés Martínez.