Falece un veciño de Mondoñedo nun accidente de tráfico en Alfoz

Tania Taboada REDACCIÓN

ALFOZ

Cedida

O home alertou aos servizos de urxencia do sucedido pero cando chegaron estaba morto

15 oct 2017 . Actualizado ás 09:48 h.

Ceferino Val Álvarez, un veciño de Xercido (Mondoñedo) e de 62 anos, faleceu pouco antes de únaa desta madrugada nun accidente de tráfico ocorrido no quilómetro uno da estrada LU-P-0205, que comunica Feira de San Antonio con Oirán, no municipio lucense de Alfoz .

O sexagenario regresaba a casa cando o vehículo que guiaba saíuse da vía pola marxe esquerda, chocou contra unhas rocas e regresou de novo á calzada. 

Nun primeiro momento, o falecido saíu do turismo polo seu propio pé e sobre as 00.30 horas chamou aos servizos de urxencia para alertar do sucedido. Cando estes chegaron, o home estaba morto. 

Ao lugar do sinistro acudiron tamén os axentes de Tráfico e unha patrulla de seguridade cidadá.