Evacuado un ferido tras un accidente entre un turismo e unha motocicleta na Pontenova

La Voz A Pontenova / LA VOZ

A Pontenova

ALBERTO LÓPEZ

O accidente tivo lugar na LU-124 o domingo ao mediodía

21 jul 2019 . Actualizado ás 17:32 h.

Un home resultou ferido este domingo ao mediodía nunha colisión entre un turismo e unha motocicleta ocorrida na Pontenova. Segundo a Garda Civil de Tráfico, o accidente produciuse na LU-124, entre Mondoñedo e Vilameá, ao redor das 14.15 horas. Ao lugar trasladáronse servizos sanitarios do 061, que se encargaron de evacuar ao home, que, inicialmente, sufría feridas leves.