Menores: "Vello, bótame un cubo de auga pola cabeza"

S. C.

A MariÑA

M.MORALEJO

29 novs 2022 . Actualizado ás 19:10 h.

Ás veces o sentido común da xente, en especial dos maiores, vale moito; ten peso e está baseado na experiencia de quen fai o camiño de volta. Pero non lles escoitamos. Máis ben ao contrario; ignorámoslles ou aínda peor, non os respectamos e increpámoslles. Nos últimos días han transcendido dous casos que, polo menos, debesen dar que pensar. En Burela e Viveiro, pero é unha cuestión xeral. Que está a suceder?

Un grupo de mozos, menores de idade, de Burela foi investigado pola Garda Civil como supostos autores de importantes danos causados en varios turismos. Cristais rotos -lúas dianteiras e traseiras- e coches rallados. En Viveiro os veciños do centro histórico sofren o botellón as fins de semana (tamén noutras zonas). Veciños afectados din que grupos de mozos, moitos menores de idade, cantan nas súas fiestras: «Vello, bótame un cubo de auga» e cousas polo estilo. Ademais de patalear as portas e pintar nas fachadas. Falta de educación e de respecto polas persoas maiores. Preguntábase onte unha veciña afectada, «que fan menores de 14 e 15 anos ás 4 da madrugada na rúa?». Que pasou cos autores das pintadas en Viveiro na fachada dun edificio? Sancionóuselles?

Iso si, sempre son os fillos dos demais.