Morre unha muller de 85 anos por covid en Burela, a segunda vítima nos últimos 15 días

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Figura entre os 12 falecidos nos últimos días, segundo o informe do Sergas

25 ene 2022 . Actualizado ás 20:06 h.

Unha muller de 85 anos, da Mariña, está entre as 12 últimas vítimas do covid, segundo o informe emitido polo Servizo Galego de Saúde sobre falecementos polo virus nos últimos días. A muller, octoxenaria, fora ingresada no Hospital Público da Mariña con covid-19 . Segundo o informe do Sergas padecía outras patoloxías, do mesmo xeito que os outros doce falecidos polo virus.

A semana anterior faleceu tamén en Burela unha persoa nonagenaria por covid, tamén con patoloxías previas. Son as dúas últimas vítimas mortais na Mariña a causa do covid-19. Hai que lembrar que nesta sexta onda, que parece que empeza a tocar teito na comarca mariñá, cunhas 2.300 persoas contaxiadas, os síntomas son leves e a presión hospitalaria menor que en ondas anteriores. Aínda así o Sergas recomenda respectar as normas establecidas e o xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, lembraba a pasada semana que a maior incidencia do covid neste momento está precisamente na Mariña.