Denuncian outro ataque do lobo en Xove: matou unha egua nunha leira próxima a casas

La Voz XOVE / LA VOZ

A MariÑA

R. CAJOTO E J. LOPEZ

O gandeiro desconfía que fose máis dun exemplar

06 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un gandeiro de Xove denunciou un novo ataque do lobo. Asegura que a noite do sábado ao domingo, un exemplar ou varios atacaron e mataron unha egua da súa propiedade en Ancil, en Lago. Ao parecer, a parcela está a uns 30 metros de casas e nunha zona onde hai nenos, o que inquieta máis. Nesa leira había outra egua, que non foi atacada, pero que estaba moi asustada.

Sospeitan que puido participar máis dun exemplar pola cantidade de carne que devoraron, xa que a egua era un exemplar adulto, duns seis ou sete anos. Non é a primeira vez que esa gandería sofre ataques; xa perdeu 14 poldros, un castrón e varias ovellas nos últimos anos. Aseguran que onte lles foi imposible contactar con Medio Ambiente e a Garda Civil de Xove para interpor denuncia.