Alcoa estima as perdas na planta de aluminio en 20 millóns de dólares só en novembro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

«Sen contar o efecto da folga que manteñen os traballadores na liquidez da compaña», afirman

29 novs 2021 . Actualizado ás 20:37 h.

Fontes da multinacional do aluminio, Alcoa, estiman as «perdas operativas» da planta de San Cibrao, na Mariña lucense, en algo máis de 20 millóns de dólares só neste mes de novembro, «sen contar o efecto que ten a folga indefinida dos traballadores na liquidez da compaña», sinalan fontes da empresa.

Lembran que «o custo da electricidade neste momento supón máis do 60% do total dos custos de produción». A compaña insiste en que así a produción de aluminio neste momento é inviable; de aí a súa proposta de cesar a produción en Electrólise e Electrodos durante dous anos, garantindo a actividade da planta a partir do 1 de xaneiro do 2024.

Para entón en Alcoa confían en chegar a acordos cos subministradores de enerxía de modo que permitan competir no mercado en mellores condicións.