Un matrimonio maior cede un soar en Viveiro a cambio de dous apartamentos nun edificio que nunca se construíu e denúnciano

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

ALBERTO LÓPEZ

O xuízo verase en Lugo; a fiscalía ve posible delito de estafa e pide prisión de 2 anos e 6 meses

22 oct 2021 . Actualizado ás 18:15 h.

Esta semana entrante celebrarase un xuízo en Lugo contra unha promotora que foi denunciada por un matrimonio maior no seu día no Xulgado de Viveiro .

O matrimonio, de idade avanzada, cedeu un terreo da súa propiedade, valorado en 150.000 euros, a un comprador a cambio de dous apartamentos, dous trasteiros e dúas prazas de garaxe nun edificio a construír.

Este comprador cedeu os dereitos posteriormente a unha promotora ante notario mantendo estas mesmas condicións. O edificio non se construíu, o matrimonio denunciou o caso e agora celebrarase a vista xudicial en Lugo por un presunto delito de estafa. A fiscalía pide á parte acusada 2 anos e 6 meses de prisión.