Arde un tractor nunha queima que se descontrolou en Fazouro

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

Un incendio provoca danos materiais no lugar de Morgallón, na parroquia focense

07 may 2021 . Actualizado ás 20:35 h.

Unha queima que se descontrolou provocou o incendio dun galpón e un tractor no lugar de Morgallón, na parroquia focense de Fazouro, ao redor das 17.20 horas da tarde deste venres. Tras recibir o aviso, acudiron para sufocar o lume os bombeiros de Barreiros, o GES de Cervo, Protección Civil de Foz e a Garda Civil. Só houbo que lamentar danos materiais, xa que ningunha persoa resultou ferida o incendio.