Os traballadores de Alcoa deciden: protestas ou que se negocie a venda

M.S.CORRAL VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A empresa esixe paz social para negociar directamente con compradores

01 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta pasada medianoite acabou o prazo fixado entre Alcoa e o comité para negociar a venda da fábrica e garantir mentres tanto a paz social. Ben, ese capítulo pechouse onte e non pasou nada. Non houbo venda nin viso de negociación entre Alcoa e a SEPI, porque Industria nin sequera contestou á folla de condicións presentada o 4 de febreiro por Alcoa.

Agora, a noite deste xoves, desde o Ministerio de Industria indican que negocie directamente Alcoa con compradores interesados e que eles facilitarán a operación, se é viable, vía SEPI. Para iso, por que se perderon tres meses?

Polo menos nas últimas horas déronse pasos; Alcoa deunos: renuncia á súa blindaxe, duro, e accede a negociar directamente. Iso si, esixe ao comité paz social. Iso é o que terán que decidir os traballadores na asemblea convocada para este luns.

Vólvese empezar. Abrirase un novo capítulo no que Alcoa iniciaría conversacións con compradores industriais, directamente: esa operación de compra-venda, iso si, faríase a través da SEPI. Industria repite que «hai compradores industriais interesados».

Tanta espera produce cansazo e hastío. Tanto enredo como houbo nos últimos tres meses.

O comité esixe que os compradores «coñezan o sector do aluminio, nada de fondos voitres». Piden que se respecte a Liberty House, que foi o primeiro interesado e segue á espera.