A mestura máis sinxela e máis eficaz para acabar coas raíñas das velutinas

La Voz REDACCIÓN / VIVEIRO

A MariÑA

CEDIDA

O encargado da empresa especializada Serpa asegura que é a que dá mellor resultado e explicouna en Xove

21 abr 2021 . Actualizado ás 19:50 h.

José María Vázquez, encargado da empresa Serpa, repartiu este mércores no mercado semanal de Xove trampas para capturar ás raíñas das avespas velutinas, nunha acción coordinada en colaboración co concello lucense. «O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas. Neste sentido, asinouse o pasado ano un convenio coa empresa Serpa (Servicio Privados Anti-Velutina) que reduxo nun 60% os niños de velutina. Este ano, segundo da campaña, a empresa instalou polo concello unhas 1.500 trampas xeolocalizadas co fin de chegar este ano ata unha reducción do 80% desta especie agresora», sinalaba o alcalde, Demetrio Salgueiro.

«Xunto coas botellas-trampa que se entregaron, o persoal da empresa explicou o funcionamento das mesmas e deu 2 receitas ou mezclas de líquido para capturar velutinas, sinxelas pero do mais eficaces: Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol. Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería», apuntaba.