Burela e Ribadeo son este mércores os municipios da Mariña con máis casos de coronavirus, 13 cada un

Lucía Rey
Lucía Rey BURELA / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Viveiro sobe de catro a oito contaxiados tras dar positivo catro membros dunha mesma unidade familiar

21 abr 2021 . Actualizado ás 11:23 h.

Burela e Ribadeo son este mércores os municipios da Mariña que máis casos de coronavirus contabilizan: 13 cada un. Así o reflicte o mapa covid-19 actualizado polo Servizo Galego de Saúde á primeira hora en base aos datos sanitarios rexistrados o martes ás seis da tarde. En detalle, o concello burelense mantén as mesmas taxas de contaxio por cada cen mil habitantes que no boletín anterior (25-75 a 7 días, e 50-150 a 14 días), pero suma tres positivos novos, ao pasar de dez a trece. Ribadeo, pola súa banda, rexistra datos similares aos do martes, cunha IA (incidencia acumulada) de 25 a 75 a 7 días, e de 50 a 150 a 7. 

A incidencia acumulada si sobe en Viveiro , onde a proxección de contagios a unha semana é agora de entre 25 e 75, e a dúas semanas, de entre 50 e 150, cando vinte e catro horas antes se situaba nos tramos anteriores. Con todo, a cifra de veciños contaxiados sitúase aínda entre 1 e 9. Segundo detalla a alcaldesa, María Loureiro, nas últimas horas a cifra de contagios pasou de 4 a 8 tras detectarse varios positivos nunha mesma unidade familiar. Con todo, a rexedora destaca que desde o Sergas consideran que, por agora, o foco está controlado e non hai risco de transmisión.

En Foz tamén se incrementa a IA a 7 días, que é agora de entre 25 e 75, e mantense a 14 días (50-150).

En Trabada e Barreiros, que segundo a decisión adoptada polo comité clínico do Sergas na reunión do martes a partir do venres ás 00.00 horas terán restricións medias (Barreiros ata agora está no nivel alto), os datos ofrecidos este mércores non sofren variacións. Ambos teñen entre 1 e 9 casos activos, pero no primeiro concello, a IA a 7 días é igual ou maior a 250, e a 14 días é igual ou maior a 500. No segundo, que o martes tiña 10 positivos activos, a taxa de contagios a 7 días vai de 125 a 250, e a 14 días de 250 a 500. 

Así mesmo, rexistran entre 1 e 9 casos O Vicedo, Xove e Lourenzá. En Cervo e Mondoñedo non foron diagnosticados novos casos nos últimos 7 días, aínda que si nos últimos 14: entre 1 e 9. Finalmente, catro concellos levan «libres» de coronavirus polo menos dúas semanas. Son Ourol, O Valadouro, Alfoz e A Pontenova

Nos hospitais, a situación mellora lixeiramente. Na planta do de Burela hai ingresados este mércores dous pacientes con coronavirus fronte aos tres que había 24 horas antes. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) continúan catro persoas co virus na unidade de coidados intensivos e tres en planta, e dúas no de Monforte. 

En toda a área sanitaria hai activos neste momento 207 casos e nas últimas 24 horas foron diagnosticados mediante PCR 16 novos positivos.