Pesar no comercio de Viveiro pola morte de Fernández Parapar, da tenda Grafity

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A súa esposa, Susana Larrañaga, é a actual presidenta do Centro Comercial Histórico de Viveiro

17 abr 2021 . Actualizado ás 18:10 h.

O comercio de Viveiro, especialmente os establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro, expresaban onte o seu pesar polo falecemento de J. M. Fernández Parapar, da tenda Grafity, emprazada na contorna urbana e coñecida na cidade.

Precisamente a súa esposa, Susana Larrañaga Mingoia, é a actual presidenta do Centro Comercial Histórico de Viveiro; foi elixida recentemente tras concluír unha etapa pasada do CCHV. Recibía as condolencias sentidas dos asociados ao Centro Comercial.

José Manuel Fernández Parapar tiña 58 anos, era deseñador gráfico e rexentaba a tenda, Grafity, xunto coa súa esposa, Susana Larrañaga; ambos teñen tres fillos.