Xa hai data para emendar o erro polo enterro equivocado en Xove: o martes 20 será a exhumación

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Ese día se exhumarán os restos de Concepción Arias, enterrada por erro no cemiterio de Xuances ao crerse que a falecida era Rogelia Blanco

16 abr 2021 . Actualizado ás 14:34 h.

Esta mesma mañá comunicaron ás partes que o vindeiro martes, día 20, á primeira hora da mañá se exhumarán os restos de Concepción Arias, a anciá enterrada nun nicho no cemiterio de Xuances, en Xove , crendo que se trataba doutra falecida, Rogelia Blanco . Caso este que se coñece como "o enterro equivocado", información que no seu día -o pasado xaneiro- deu a volta a medio mundo. 

Os restos da muller falecida, Concepción Arias, serán trasladados ao seu nicho familiar no cemiterio municipal de Xove. Darase por emendado o erro e pechado o caso. No seu día, en xaneiro pasado, certificouse a morte de Rogelia Blanco por un erro de identificación. Tanta Concepción Arias como Rogelia Blanco , usuarias entón da residencia de maiores de Xove, estaban afectadas por covid. Concepción Arias non o superou e faleceu pero certificouse a morte -erroneamente- de Rogelia Blanco . Ambas foran trasladadas a un centro de atención da Fundación San Rosendo en Ourense. A sorpresa foi cando apareceu sa, xa curada, Rogelia Blanco na residencia de Xove.

O vindeiro martes coa exhumación dos restos de Concepción Arias e o cambio ao seu nicho familiar quedará pechado este curioso capítulo; curioso e excepcional.