O Xove responde con contundencia ao espertar do Domotec tras o descanso (7-2)

Iván Díaz Rolle
I. Díaz Rolle XOVE / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O equipo leonés levantou un 2-0, pero os mariñáns recuperaron o mando tras a expulsión dun dos seus xogadores

27 mares 2021 . Actualizado ás 21:50 h.

Teméronse o peor os 60 fieis que acompañaron ao Xove no inicio da fase de permanencia ante o Domotec León cando os visitantes estragaron unha primeira metade brillante cunha reacción que encerrou aos mariñáns na súa área, sostidos por Javi Fajardo, e igualaron un 2-0.

Apareceron entón dous clásicos salvadores para Quico Otero. Unha transición de Manu Jiménez foi parada coa segunda amarela a David Merchán, e en só dous segundos de superioridade Nete volveu adiantar ao Xove cun disparo raso.

Recuperou entón a confianza o equipo mariñán para cribar a un rival que xa só ten tres puntos de renda na pelexa por permanecer en Segunda B. Manu Jiménez, trigoleador outra vez, culminou unha preciosa saída de presión e Xoel sentenciou nunha contra en solitario. Con porteiro-xogador completouse o 7-2. 

Ficha técnica

Xove, 7: Javi Fajardo; Xoel, Pancho, Cora e Manu Jiménez -quinteto-, e Nete, Chema, Marcos, Bruno de Nois, Henry e Javi.

Domotec, 2: Mañanes; David Merchán, Álex, Corral e Do Cano -quinteto-, e David, Robles , Pablo, Villa , Mario e Guillermo.

Goles: 1-0, min. 12: Manu Jiménez. 2-0, min. 16: Pancho. 2-1, min. 24: Mario. 2-2, min. 29: David Merchán. 3-2, min. 30: Nete. 4-2, min. 32: Manu Jiménez. 5-2, min. 37: Xoel. 6-2, min. 39: Manu Jiménez. 7-2, min. 40: Pancho.

Árbitros: Dacal Deza e Pinilla Boullosa. Dobre amarela ao visitante David Merchán (min. 30).