As intensas choivas provocaron inundacións e incidentes en zonas de Barreiros e Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

En Forxán cortouse ao tráfico un carril, por unha bolsa de auga

26 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasadas as oito da mañá de onte, unha enorme bolsa de auga de choiva obrigou a cortar un carril de tráfico en Foz. Ocorreu na estrada de Forxán, no tramo comprendido entre o pavillón de Marzán e a rotonda. Interviñeron os Bombeiros de Barreiros, a Policía Local e Protección Civil. Tamén foi necesaria a actuación dunha pa para limpar as cunetas. Todo apunta a que o suceso se produciu debido á choiva, que atascou os desaugadoiros, que precisan unha limpeza.

Os bombeiros tamén tiveron que acudir a Barreiros debido a que coas fortes choivas alagouse un garaxe na zona de San Bartolo.

Finalmente, os bombeiros tiveron que intervir en Ribadeo; abrir unha porta dunha vivenda na avenida de Asturias na que reside un señor maior que non respondía e que foi trasladado a un centro médico.