O cribado do domingo no Vicedo está dirixido a hostalería, servizos e persoal municipal

La Voz O Vicedo / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O Concello informa os veciños como deben facer para anotarse para as PCR de covid

22 ene 2021 . Actualizado ás 18:29 h.

O xerente provincial do Sergas, Ramón Ares, explicou este xoves que o cribado do domingo no Vicedo está dirixido especialmente a hostalería, comercio e sector servizos e a persoal municipal. "A todos aqueles que traballan a diario en contacto con moitas persoas", sinalaba e anima a apuntarse no concello para realizar este cribado e controlar así o covid.

O alcalde do Vicedo,Jesús Novo, comunicaba o pasado mércores aos seus veciños que para o vindeiro domingo, día 24, foi convocada a realización dun cribado masivo. Nun bando infórmase que as PCR realizaranse no pavillón polideportivo, a partir das 10.00 horas.

Todas as persoas interesadas en someterse aos test poderán facelo chamando previamente ao número de teléfono 982 590 029 (departamento de servizos sociais), indicando o seu DNI e un teléfono de contacto. O prazo máximo para anotarse concluirá este venres, día 22.