O Peixes Rubén Burela xoga na cancha do Poio Pescamar o seu segundo partido amigable

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

IN THE ZONE

Dous dos mellores equipos da Primeira División feminina enfróntanse na Seca

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Poio Pescamar e o Peixes Rubén Burela recibiron onte a pertinente autorización para disputar un encontro de preparación esta tarde en terras pontevedresas (A Seca, 20 horas).

Para o equipo adestrado por Julio Delgado e Lucas suporá unha esixente proba, pois se miden a outro dos equipos máis punteiros de Primeira, despois do seu contundente debut cun 2-7 ao Rodiles asturiano, de Segunda División.

As vixentes campioas de liga teñen programado o seu primeiro partido oficial para o sábado 10 de outubro. Afrontarán a volta das semifinais de Copa Galicia contra o Amarelle cunha cómoda vantaxe (1-10). Unha semana despois comezan a liga na pista do Ourense Envialia.