Accións de protesta do comité de Alcoa e unha marcha multitudinaria o domingo en Xove

La Voz SAN CIBRAO/LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A multinacional citou para o luns aos sindicatos en Madrid

25 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os traballadores fan o que teñen ao seu alcance neste momento, presionar con accións protesta nestes tres últimos días antes de que o domingo acabe o proceso de negociación sen visos de solución á vista.

Desde hoxe e ata o domingo continuarán con diversas accións protesta na Mariña para exercer a maior presión posible nesta agónica recta final. O domingo xa está convocada unha marcha que queren que sexa multitudinaria en Xove, desde a estación ata o centro cívico da localidade.

Cita de Alcoa para o luns

Alcoa citou xa para o luns aos sindicatos en Madrid. Se a venda fracasa, como todo apunta a día de hoxe, o luns 28 comezar a negociar o ERE ou ERTE segundo o establecido.

Esta cita provocou malestar entre os sindicalistas, pola prema e porque sexa presencial en Madrid, tal e como está a situación debido á pandemia polo coronavirus especialmente na capital de España.

Quedan tres días para que finalice o proceso de venda e onte polo menos non estaba convocada ningunha reunión xa entre as partes á hora de elaborar esta información polo menos.

Adiantábao o presidente de Alcoa en España esta semana, «non é realista pensar que se pode asinar a venda da planta de aluminio antes do día 27», xa que na negociación apenas se avanzou nada desde un principio, nin sequera para chegar a un acordo nas condicións xerais, nin iso. E hai 1.000 empregos no aire, 500 de Alcoa e 300-400 nas empresas auxiliares, ademais doutros indirectos que dependen desta actividade.