O Praias de Barreiros segue cos seus equipos sénior de fútbol sala e atletismo

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

O club barreirense estudou a disolución

01 jul 2020 . Actualizado ás 20:33 h.

O Praias de Barreiros CD rectificou o que hai un mes describían como «máis que posible desaparición do club tras seis anos de historia»unha . A súa falta de entendemento co Concello á hora de acordar as subvencións pola xestión das escolas deportivas e os conxuntos sénior levara ata esa situación límite que finalmente revisaron, segundo explicaron na asemblea de socios celebrada o pasado domingo 28 de xuño.

Aínda que as escolas deportivas empezarán a ser xestionadas de forma municipal, o club si manterá aos seus conxuntos sénior de fútbol sala masculino e feminino, e ademais tamén ao mixto de atletismo.

«O equipo sénior masculino volverá a competir en Terceira División Nacional de fútbol sala, mentres que o feminino participará novamente na Primeira Feminina de Lugo. Así mesmo mantemos o equipo mixto de atletismo», explicaron.

Ao parecer, a vontade dos deportistas foi o motivo principal polo que a directiva buscou unha solución alternativa á disolución: «O compromiso e a vontade de continuar dos e das integrantes de cada unha das escadras resultou decisivo para acadar esta decisión final. A pesar das dificultades que se prevén no futuro máis próximo, a directiva móstrase confiada en poder acometer ambos plans competicionais con plenas garantías».