A Mariña recibe as súas bandeiras azuis

María Cuadrado Fernández
M. CADRADO O Vicedo / LA VOZ

A MariÑA

XAIME F. RAMALLAL

A directora xeral de Patrimonio Natural entregoulle este martes a alcaldes e concelleiros os galardóns que ondearán este verán en praias e noutros espazos, como portos ou senllas peonís

23 jun 2020 . Actualizado ás 22:21 h.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, entregou este martes ao mediodía as 27 bandeiras azuis concedidas por ADEAC e que lucirán este verán na Mariña lucense. O acto celebrouse xunto á praia de Xilloi, no municipio do Vicedo, onde xa se izou o galardón. Ao acto acudiron alcaldes e tamén concelleiro delegados de Turismo e de Medio Ambiente dos diferentes concellos da comarca na que este ano ondearán dezaoito bandeiras noutras tantas praias. Outras insignias lucirán en senllas peonís, portos e outros espazos. Estes días os Concellos completan os trámites e a selección de socorristas e de persoal sanitario para prestar servizo nos areais.