Solicitan seis anos de cárcere por tráfico de drogas a un mariñán que distribuía heroína e cocaína

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

03 feb 2020 . Actualizado ás 21:55 h.

A Fiscalía Provincial de Lugo solicita unha pena de seis anos de prisión para un mariñán que será xulgado por un suposto delito de tráfico ilícito de sustancias estupefacientes «das que causan grave dano á saúde». Segundo relata o fiscal, o setembro do 2015 A.M.L., que durante ese ano habíase «dedicado habitualmente polo miúdo de estupefacientes» pola comarca, advertiu a presenza de axentes da Garda Civil que o perseguían por Burela, polo que intentou desfacerse dunha carteira de pel negra na que levaba case 7,5 gramos de heroína e preto de 12 de cocaína que terían acadado no mercado ilícito un prezo de 1.824,27 euros. Posteriormente, os axentes presenciaron como o acusado entregaba «un paquetito» con heroína a outro home nas inmediacións dun establecemento hostaleiro de Barreiros. Ao ser detido, incautáronlle máis de 14 gramos de cocaína e máis de 9 de heroína que terían acadado un valor no mercado ilícito de 2.341,14 euros.