«Moitas veces chámannos por maltrato e quen peor está é o dono dos animais»

TANIA TABOADA LUGO/ LA VOZ

A MariÑA

ALBERTO LÓPEZ

O sarxento afirma que os casos de malos tratos en Lugo son mínimos, insiste en protexer aos animais pero di que antes están as persoas

20 ene 2020 . Actualizado ás 07:53 h.

É intercambiar catro palabras co sarxento e xefe da Pacprona José Braña (Lugo, 1974) e percibir que adora o que fai. E xa non toquemos o tema de animais exóticos, porque aí xa se perde. Os seus anos destinado en Canarias, onde realizou servizos igual de bos como de surrealistas, talvez lle espertasen esa debilidade por esta temática. Tanto é así que chegou a chaparse de arriba abaixo unha normativa tan enrevesada como é o convenio Cites. «A xente ten uns gustos moi estraños. Eu sería moi radical e prohibiría ter animais salvaxes en cautividade. Non concibo que alguén teña un raposo ou serpes na casa, malia que sexan doutros países. Non ten razón de ser. Os animais teñen que estar no seu medio e non me serve a desculpa de que se non os temos extínguense. Cando se extinguen e cando se comercia con eles e quérense extraer da natureza para telos na casa como animais de compañía e non son animais de compañía porque cariño non dan. Estamos falando de seres vivos, non de entretementos», manifesta Braña.

Este sarxento soubo desde os oito anos que quería ser Garda Civil e prestar servizo no Seprona. «Eu quero ser coma estes», dixo o axente con tan só oito anos e despois de que dous gardas o rexistrasen no río, cando se atopaba co seu pai. Querían comprobar se levaba nos seus petos troitas pequenas.

De eventual en Portomarín e despois de prestar servizo nas Illas, O Porriño ou Baralla, fai catro anos chegou a Lugo. Actualmente está a cargo de a Pacprona, unha unidade operativa do Seprona situada nas capitais de provincia e que está considerada como área básica de vixilancia e protección do medio natural. A unidade que dirixe abarca toda a provincia de Lugo e os seus compoñentes acoden en apoio ás patrullas das zonas en temas complexos. As patrullas de zona están en: Xove, Ribadeo, Vilalba, Baralla e Monforte.

«O Medio Ambiente afecta a todo e nós somos unha especie de caixón desastre. Cando non está moi claro que unidade ten que actuar, acabamos indo nos», explica Braña, cuxo último servizo se atopa en Santa María Alta, en Lugo, tras o achado dun tenreiro repleto de veleno e utilizado como cebo para a fauna. «En 20 anos que levo no Seprona é a primeira vez que vexo tal algo así. Foi esaxerado e o autor ou autores non tiñan moito coñecemento pola gran cantidade de veleno que usaron. Abriron o becerro e arroxaron ese líquido azul por todo o seu corpo, polo que é complicado que un animal coma iso. Nos cebos soen poñer anacos de carne e usan un veleno efectivo pero moi pouca cantidade. Persoalmente creo que empregaron algún tipo de produto comercial non prohibido, pero estamos agardando ao resultado das analíticas para saber que usaron», relata.

Malos tratos animais

En canto aos malos tratos animais, o sarxento considera que falta moita concienciación por parte da administración, empezando polos colexios, que deberían contar cunha materia de Medio Ambiente e centrada nos malos tratos animais. «Estamos humanizando os animais demasiado e é complexo. Nos temos que mediar nesa linde e ver o carácter humano das persoas ás que denuncian por un suposto caso de maltrato. Aberracións coma o caso da cadela Alma de Chantada non vai deixar de habelas, pero son casos moi crueis e moi puntuais na nosa provincia. En canto a Lugo, hai moita zona rural e non hai unha cultura de ter o animal con protección. A veces chegas a unha casa e o animal ten comida e bebida e desvívese polo dono. Unha cousa é o maltrato animal e outra esquecernos das persoas. Non é a primeira vez que denuncian un caso de maltrato animal, chegamos ao lugar e está moito peor o dono que os animais. Paréceme ben que protexamos os animais pero antes están as persoas. Fai anos tivemos unha actuación e acabamos escribindo aos servizos sociais porque o señor durmía cos cans nun alpendre vixiando as ovellas que tiña na finca. Chegamos alí e contounos que a muller estaba nun asilo. Dicía iso e víalo nesas condicións e caíache a moral. Eu preguntábame: pero, cómo a xente pode denunciar que ten os cans en mal estado e non a súa situación?», explica Jose Braña, que tamén lembra unha inspección realizada noutro domicilio onde o propietario tiña no pan cravadas as agullas coas que trataba os porcos. «Como vas acusar a un home de eses de maltrato animal se o primeiro que se está maltratando é el?», indica.

En canto aos supostos malos tratos en granxas, a experiencia dille que hai poucos casos e a maioría prodúcense por problemas económicos dos donos. «Unha persoa que vive do gando non vive para maltratar os animais», asegura Braña, que considera que a maioría da xente descoñece o que é legalmente os malos tratos. «Eu son positivista neste sentido. Non hai tanto maltrato. Temos casos esporádicos e se analizamos o caso concreto tes unha historia detrás. Danse situacións de persoas que traballan con animais e acaban perdendo a humanización porque os ven como parte do seu negocio. Non son maltratadores; é falta de concienciación e a xente so entende cando se sanciona», explica el sargento, que salienta que el equipou do Seprona ten un alto grao de profesionalidade e unha conciencia ambiental moi elevada. «Fomos a primeira policía ecolóxica a nivel europeo e os anos de experiencia nótanse entre os compoñentes», afirma.

Neste sentido, José Braña opina que ás veces é cuestión de cultura posto que ten inspeccionado granxas e a propietaria ser unha farmacéutica ou unha veterinario. «Non é que se convertan en delincuentes, senón que moitas destas persoas críanse nunha determinada cultura. Eu penso que unha persoa que maltrata a un animal faino cunha persoa, posto que ten unha especie de ira e intenta desquitala cos seres mais indefensos. No tema das matanzas, cando lle dis á persoa que está cometendo un delito de maltrato por sacrificar un animal sen atordalo primeiro, cústalle créelo. Eu tamén vivín matanzas na miña casa pero hai que cambiar o chip. Tampouco pode ser o radicalismo das asociacións porque para elas parece que todo é maltrato animal. A nós tócanos mediar entre ese radicalismo», explica el sargento, que indica que el Seprona está para hacer constar lo que dice la lei. «Eu levo nos meus informes todas as infraccións. A min no me corresponde valorar se está ben ou non. Se está lexislado así entendo que está ben e a quen hai que protexer é o ben xurídico, que neste caso son os animais. Somos todos moi protectores pero hai que ler a lei e o código penal, hai que falar con propiedade porque non é o que cada un pense sobre o maltrato animal. Hai que actuar con moita precaución e ver desde a perspectiva xeral. A veces, eses casos veñen condicionados pola propia xente e por como viven eles. Podo opinar que hai persoas non aptas para ter animais, pero non por iso son delincuentes», dice.

Expedientes 2019

O ano pasado, a Pacprona da Comandancia de Lugo realizou uns 400 expedientes, incluíndose aquí os administrativos e os penais. «Soemos ter entre sete ou oito casos penais por ano e o que mais temos son temas de residuos, seguidos de animais exóticos (comercio ilícito por Internet). Tamén se producen algúns verquidos, pero non acostuman ser problemáticos. Soen ser puríns que veñen dados por imprudencias», matiza el jefe de la Pacprona.

En canto aos ataques de lobo, o equipo de Braña acode á zona cero por interese propio. «Van os axentes medioambientais, comproban os ataques en menos de 24 horas e non sempre certifican que foi o lobo. É algo complexo porque hai que estudar o contexto e é complicado corroboralo. Moitas veces ata os biólogos teñen problemas de determinar se foi un can ou un lobo o protagonista do ataque», conclúe un dos sarxentos que máis vocación sente polo seu traballo.

«Os que maltratan os animais teñen unha especie de ira que desquitan cos seres mais indefensos»

«Prohibiría totalmente ter animais salvaxes en cautividade; non son de compañía e precisan estar no seu medio»

«No caso do becerro recheo de veleno creo que usaron algún tipo de produto comercial non prohibido»