Iniciativa do GDR Terras de Miranda para «saborear» A Mariña

La Voz

A MariÑA

Xaime Ramallal

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Abre a súa axenda de 2020 con moito... sabooorr!! Sabemos de certo o fértil en produtos que é a terra da Mariña e a riqueza do seu mar. A faba de Lourenzá, a pescada do petisco de Celeiro, o bonito de Burela ou o porco celta convertéronse onte por medio dunha das actividades do grupo de desenvolvemento rural en manxares, no Pazo de Tovar. E para facer máis amena dita degustación, totalmente gratuíta, estaban os compoñentes da Asociación Osorio Gutiérrez facendo gala do seu bo facer a nivel folclórico. Próximas citas do GDR: unha viaxe no tempo polo Camiño Norte que incluirá parte do trazado da ruta xacobea e «Cultura entre as mans» sobre artesanía.