Reparan a avaría que deixou ás duchas da piscina viveirense sen auga quente

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O Concello comprou unha placa nova para a caldeira e arranxará a estragada

17 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha avaría na placa eléctrica da caldeira da piscina municipal de Viveiro deixou as duchas sen auga quente desde hai uns días. A alcaldesa María Loureiro asegurou este xoves que xa «volve funcionar, pero o regulador que se encargou aínda tardará tres ou catro días». A placa eléctrica estragada foi substituída por unha nova, pero a anterior, desgastada polo uso, será reparada. De repetirse a mesma avaría, empregarase para non quedar sen auga quente.