Multan a unha viveirense por cortar unha acacia caída nun das canles da riada mortal

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Tras la riada de noviembre de 2018, Augas de Galicia limpió el cauce del río Fontecova
PEPA LOSADA

Tamén a sancionan por tallar árbores nun ramal do Fontecova

17 ene 2020 . Actualizado ás 13:24 h.

Máis de dous anos antes da riada que o 18 de novembro do 2018 arrasou Xunqueira e cobrouse a vida dunha veciña, por unha tromba de auga que desbordou os ríos Trasposta e Fontecova, a dona dunha leira lindeira coa canle do segundo cortou unha acacia na zona de servidume porque estaba «caída sobre a leira». Sucedeu na parroquia de Magazos, onde tamén tallou «varias árbores nas marxes dun ramal» do río. En febreiro do 2017, Augas de Galicia multouna con 900 euros por unha infracción leve. Recorreuna, e en abril do 2018 a Consellería de Medio Ambiente desestimouno. Acudiu ao os tribunais, e o xuízo celebrouse en Lugo o 27 de novembro do 2018, nove días despois da riada mortal. O pasado 30 de decembro, máis dun ano despois da vista, o Xulgado do Contencioso 2 de Lugo rebáixalle a sanción a 300 euros.

A sentenza deixa constancia de que a viveirense tería incorrido no «incumprimento de tan só una das condicións da autorización» que lle deu Augas de Galicia. Considera que a multa de 300 euros é «proporcionada ás circunstancias do caso». Ademais, «non se obxectivou dano algún para o dominio público hidráulico».

Augas acusábaa de ter cortado a acacia, árbores nun ramal do Fontecova e de abandonar restos da talla nas marxes na zona de servidume do río, entre outros. A viveirense defendeuse alegando que a acacia estaba caída e que as árbores cortadas estaban na súa leira, non nun ramal do río. O xulgado négalle a razón en canto a que si é un ramal do Fontecova, e non cuestiona a súa alegación de que a acacia estivese caída.