Persoal de Reymogasa mobilízase pola subrogación a Dominion

La Voz CERVO/ LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

A partir deste venres non farán horas extra e protestarán os días 15, 16 e 17

09 ene 2020 . Actualizado ás 19:53 h.

Nunha decisión «ratificada pola asemblea de traballadores», o comité de empresa de Reymogasa, auxiliar de Alcoa en San Cibrao, convoca mobilizacións «ante a intención de Dominion de non cumprir os termos que establece a Lei para a subrogación». Para o próximo día 20, engaden fontes sindicais, está previsto que persoal de Reymogasa pase a Dominion, tras renunciar a primeira a parte da subcontrata de traballo na fábrica de aluminio.

O persoal de Reymogasa deixa de facer horas extras desde este venres e mobilizarase os próximos días 15, 16 e 17, de cinco da madrugada a oito da mañá.