Aumentan as queixas en Viveiro pola proliferación de pintadas en edificios e no parque de Benito Galcerán

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

Algúns veciños da zona aseguran que as primeiras apareceron hai menos dun mes

08 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Nas últimas semanas han aumentado as pintadas nos baixos de varios edificios e tamén no parque infantil de Benito Galcerán, no centro de Viveiro. Os veciños quéixanse dos danos en propiedades privadas e tamén nas públicas e non ocultan a súa preocupación polo contido das mensaxes, algúns con alusións fascistas. Algúns veciños da zona aseguran que as primeiras pintadas deste tipo apareceron hai menos dun mes e que foron aumentando pasados os días. As pintadas foron realizadas con spray e son de diferente tamaño.