O grupo de teatro O Bordelo estrea o seu novo traballo en Cervo

La Voz CERVO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

Presentarao esta tarde no salón de actos do Concello

05 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo de teatro O Bordelo de Cervo estrea hoxe, ás 20.30 horas, o seu novo traballo, Conquistando ilusións, obra escrita e dirixida por Francisco Piñeiro. A representación terá lugar no salón de actos do Concello cervense tras finalizar a cabalgata. A comedia, interpretada por Mari Paz Rodríguez, Dolores Viamonte, Xosé Manuel González-Copa, Xosé Vicente Mon, Antonio González e Francisco Piñeiro, invita a reflexionar sobre a necesidade de manter vivas as ilusións persoais.