A Compaña de Danza de Ucraína actúa o día de Nadal en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA POR CONCERLÍRICA

A representación terá lugar no pavillón Vista Alegre

24 dic 2019 . Actualizado ás 15:16 h.

O pavillón Vista Alegre de Burela acolle este mércores, día de Nadal, ás 19 horas, o espectáculo Virskiy, da Compaña Nacional de Danza de Ucraína. «En España é a segunda vez que se presentan, a anterior foi fai quince anos», recoñece Leonor Gago, a directora xeral de Concerlírica. As entradas poden adquirirse en Ataquilla.com. A compaña, creada en 1937, percorreu practicamente todo o mundo e máis de 10 millóns de persoas gozaron das súas interpretacións.