A Mariña, engalanada para o Nadal

María Cuadrado Fernández
M. CADRADO VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O belén de Viveiro e o mercado de Ribadeo, dous atractivos para gozar deste domingo

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Practicamente toda A Mariña estreou en días pasados a iluminación do Nadal que decora rúas e prazas. Hoxe, ás 19 horas, farano tamén os veciños de Vilaronte (Foz), que xunto a igrexa servirán chocolate e animarán a festa con música. É unha das alternativas de lecer que se presentan para hoxe. É un bo momento para visitar o belén a tamaño real que loce ao redor da igrexa de Santa María de Viveiro e, no outro extremo da comarca, ata hoxe segue aberto o Mercado do Nadal situado no parque ribadense de San Francisco, onde 28 expositores mostran as súas creacións de 11 a 14 e de 17 a 21 horas.