Un orixinal decorado do Nadal alegra as rúas e prazas de Rinlo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

A asociación veciñal O Cantal organizou talleres de manualidades para nenos

09 dic 2019 . Actualizado ás 20:37 h.

De visita polo municipio de Ribadeo sempre é unha boa ocasión para desprazarse á parroquia de Rinlo, onde a asociación veciñal O Cantal, co apoio de asociados e dos máis pequenos da parroquia e con outros colaboradores, engalanaron as rúas e as prazas do pobo. Foi unha iniciativa moi aplaudida polos veciños, que valoran a implicación do colectivo que organizou talleres de manualidades para o público infantil e que este sábado 7 pola noite tamén celebrará unha guateque gratuíto na antiga escola.